[21-11-2017] O II Campus de fútbol sala, organizado polo FC Meigas en colaboración co EFS Trasgos e co Concello de Ames, terá lugar entre o 26 e o 30 de decembro, en horario de 10:00h a 14:00 horas, no pavillón de Bertamiráns. Dirixido a nenas e nenos nados entre o 2001 e o 2012, o campus contará con servizo de gardería, entre as 9:00h e as 10:00 e ata as 14:30 horas. Para participar é preciso inscribirse, chamando ao número de teléfono 670 51 81 20 ou enviando un correo electrónico a calquera dos seguintes enderezos: fcmeigas@gmail.com ou efstrasgos@gmail.com.

Tras o éxito do primeiro Campus de fútbol sala, o FC Meigas está a organizar un segundo Campus, en colaboración co EFS Trasgos e co Concello de Ames. A iniciativa suporá unha oportunidade para gozar do fútbol sala, baixo a responsabilidade de adestradores e monitores profesionais, que farán que as nenas e nenos participantes teñan mañás cheas de diversión, actividades e aprendizaxe. O II Campus de fútbol sala transcorrerá entre o 26 e o 30 de decembro, no pavillón municipal de Bertamiráns, en horario de 10:00h a 14:00 horas. Haberá servizo de gardería de 9:00h a 10:00 e de 14:00 a 14:30h.
O segundo campus de fútbol sala estará orientado a nenas e nenos nados entre o 2001 e o 2012. A inscrición nesta actividade pódese facer a través dos enderezos de correo electrónico fcmeigas@gmail.com ou efstrasgos@gmail.com. Tamén se pode efectuar, chamando ao número de teléfono 670 51 81 20. Existen un número máximo de 50 prazas dispoñibles.
O prezo por participante é de 65 euros, cun desconto de 10€ para as nenas e nenos do FC Meigas, do EFS Trasgos e do Santiago Fútsal. Para obter máis información sobre esta actividade, pódese visitar a páxina web www.fcmeigas.com.
Unha vintena de nenas e nenos participaron no I Campus de fútbol sala
O primeiro campus de fútbol sala, organizado polo FC Meigas en colaboración co EFS Trasgos e co Concello de Ames, tivo lugar entre o 10 e o 14 de xullo. Dirixido a nenas nadas entre o 2001 e o 2012 e a nenos nados entre o 2005 e o 2012, o campus contou coa participación dunha vintena de participantes. Unha das curiosidades que presentou este campus foi a elevada presenza de participantes femininas, sendo isto algo relativamente pouco común nos campus de fútbol.
O principal obxectivo deste tipo de actividade foi, e continúa a ser, o de combinar os aspectos lúdicos coa aprendizaxe de diferentes elementos do fútbol sala. Alén diso, outro dos elementos chave do campus é o de fomentar os valores ligados ao deporte e, especialmente, o de potenciar a igualdade de xénero neste ámbito.
Contido relacionado

Lindeiros: "II Campus de fútbol sala do FC Meigas e do EFS Trasgos"




