Xoves, 27 de marzo de 2014
[27-03-2014] Todas as persoas que son adxudicatarias dunha horta urbana, tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro, poden consultar a ordenanza que regula este servizo premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas. Cómpre lembrar que en Bertamiráns hai 34 usuarios/as e no Milladoiro son 51 persoas as que fan uso do servizo municipal das hortas urbanas.




