Pestanas principais

Orde de lectura da proba escrita feita para o proceso selectivo do programa "InserAmes-Brión 2014-2015"

Martes, 26 de agosto de 2014

[26-08-2014] O Concello de Ames informa de que se convoca aos aspirantes, que se presentaron á fase de concurso do proceso selectivo para a provisión de dous/dúas técnicos/as medios de inserción laboral/prospección de empresas para o desenvolvemento das accións do programa integrado para o emprego "InserAmes-Brión VII 2014/2015", para que lle dean lectura ás probas escritas feitas no marco deste proceso selectivo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o anuncio coa orde de lectura da proba escrita feita para o proceso selectivo do programa "InserAmes-Brión 2014-2015".