Pestanas principais

Once agrupacións acompañarán mañá aos Retranqueiros de Ames na celebración do seu primeiro aniversario

Venres, 15 de xaneiro de 2016

[15-01-2016] A Asociación Cultural Retranqueiros sopra mañá a vela do seu primeiro aniversario en boa compañía. Os membros da Asociación organizan este sábado, 16 de xaneiro, un polavila nunha carpa situada en fronte da Casa da Cultura do Milladoiro. A primeira agrupación, das once que participan, actuará ás 19:00 horas. A partir das 24:00 os músicos que así o desexen poderán contribuír á festa participando na foliada aberta. Na carpa haberá ademais unha cantina provista de petiscos e bebidas para os asistentes.

Once agrupacións de concellos próximos a Ames como Santiago de Compostela, Brión ou mesmo Padrón, acompañarán mañá aos Retranqueiros de Ames na celebración do seu aniversario. Os Micos, as pandereteiras Acibeche, EMBT Brión, Gharghapreta, a Asociación Cultural Colexiata do Sar, a Requinta da Maía, Xirandaina, Cántigas e Agarismo, OCT Ultreia, Rosalía de Castro de Padrón e Raíños cantarán, tocarán e bailarán ao longo da tarde. Os membros destas agrupacións teñen en común a súa contribución, ao longo dos anos, á difusión e mantemento das melodías e bailes da música tradicional do país.

Contido relacionado


El Correo Gallego:"Aniversario para o folclore amesán cos Retranqueiros no Milladoiro"