[01-07-2016] A concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, oferta unha nova actividade para finais do mes de xullo. Neste caso ofrece unha ruta nocturna en kaiak polas Fervenzas do Ézaro para o venres 29 de xullo. O prazo de inscrición vai dende o 1 ata o 14 de xullo. Esta actividade, que está dirixida a maiores de 16 anos, ten un custo de 27 euros e inclúe desprazamento, a propia ruta e un pequeno aperitivo. Os rapaces e rapazas que teñen entre 12 e 16 anos tamén poderán participar, pero sempre e cando estean acompañados dun adulto. Para máis información e reserva de praza hai que pórse en contacto coa OMIX chamando ao número de teléfono 616083229 ou enviando un correo electrónico omix@concellodeames.gal. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude.