Pestanas principais

A OMIX organiza unha atractiva ruta nocturna en kaiak polas Fervenzas do Ézaro

Luns, 27 de xuño de 2016

[27-06-2016] A concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, oferta unha nova actividade para finais do mes de xullo. Neste caso ofrece unha ruta nocturna en kaiak polas Fervenzas do Ézaro para o venres 29 de xullo. O prazo de inscrición vai dende o 1 ata o 14 de xullo. Esta actividade, que está dirixida a maiores de 16 anos, ten un custo de 27 euros e inclúe desprazamento, a propia ruta e un pequeno aperitivo. Os rapaces e rapazas que teñen entre 12 e 16 anos tamén poderán participar, pero sempre e cando estean acompañados dun adulto. Para máis información e reserva de praza hai que pórse en contacto coa OMIX chamando ao número de teléfono 616083229 ou enviando un correo electrónico omix@concellodeames.gal. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de solicitude.

O kaiak é un dos deportes de auga que máis adeptos está gañando nos últimos tempos. Pero se a iso lle engadimos que a ruta en kaiak é nocturna e por un lugar dunha beleza tan singular como son as Fervenzas do Ézaro, a actividade resultante ten unhas características moi particulares e atractivas. Esta é unhas das propostas que acaba de lanzar a concellaría de Mocidade, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, para este verán de 2016.

A actividade desenvolverase o venres 29 de xullo na fervenza do Ézaro. Un autobús sairá ás 22:00 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro e fará parada ás 22:15h na praza do Concello, en Bertamiráns. A chegada ao Ézaro está prevista para as 23:30 horas. Para esta actividade ofértanse un total de 44 prazas. Deste xeito, ás 00:15h comezará a ruta do primeiro grupo (22 prazas). A continuación, ás 01:15h realizarase a ruta do segundo grupo (no caso que fose necesario). O horario de regreso dependerá de se se fai un grupo ou dous de participantes.

Para participar nesta actividade hai que ter 16 ou máis anos e saber nadar. Tamén se poderán inscribir os mozos/as de 12 a 16 anos, sempre que estean acompañados/as dun adulto/a. Os participantes deberán ir provistos de roupa cómoda, un cortavento ou chaqueta de auga, traxe de baño, toalla e escarpíns ou calzado deportivo (tenis) que se poidan mollar. O resto do equipo será facilitado pola empresa.

A inscrición poderase realizar do 1 ao 14 de xullo (por orde de chegada), ámbolos dous incluídos, cubrindo a solicitude de inscrición e axuntándolle unha copia do DNI. Esta documentación poderase entregar persoalmente na OMIX de Ames, nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro, ou tamén enviala por correo electrónico enviando un correo ao enderezo omix@concellodeames.gal. Ofértanse 44 prazas divididas en dous grupos de 22 participantes.

En caso de conseguir un grupo, que non sexa inferior a 15 participantes, unha vez rematado o prazo de preinscrición e confirmada a praza, os/as usuarios/as deberán facer efectiva a súa inscrición mediante o pagamento da actividade (27 euros) entre o 15 e o 19 de xullo no número de conta bancaria ES90 2080 0022 013000204780. Para máis información e reserva de praza hai que pórse en contacto coa OMIX chamando ao número de teléfono 616083229 ou enviando un correo electrónico omix@concellodeames.gal.

Contido relacionado


La Voz de Galicia:"La OMIX organiza una ruta nocturna en kaiak a través del Ézaro"