Pestanas principais

Oito medallas para o MillaRaio no campionato galego sub18 celebrado en Pontevedra

Venres, 27 de maio de 2022

Os días 21 e 22 de maio, nove deportistas do Club Atletismo MillaRaio participaron no campionato galego sub18, celebrado en Pontevedra, conseguindo uns resultados sobresaíntes. En total o clubs colleitou catro ouros, dúas pratas e dous bronces, sumando oito metais ao longo da fin de semana de competición. Deste xeito, o MillaRaio conta con catro títulos galegos sub18 masculinos en salto de altura, salto de lonxitude, salto con pértega e nas remudas de 4x100 metros.

Gran fin de semana do MillaRaio en Pontevedra, onde se celebrou o campionato galego sub18 Xunta de Galicia de combinadas e individual. O club de atletismo amesán competiu con nove atletas, que conseguiron un total de oito metais, catro deles de ouro.

Deste xeito, proclamáronse campións galegos sub18 Daniel Cariñena, en salto de lonxitude; David García, en salto de altura; Álvaro Francos, en salto con pértega; e nas remudas de 4x100 metros, estes dous últimos máis Matías Barca e Roi Rial.

O propio Roi Rial sumou dúas das outras catro medallas do club, rematando segundo en triple salto e terceiro en salto de altura. As outras dúas conseguiunas Alfonso Labella, cunha prata en lanzamento de martelo e un bronce en lanzamento de xavelina.

Ademais destes oito podios, o equipo conseguiu outros resultados a destacar. Ao seu ouro en lonxitude, Daniel Cariñena sumou un quinto posto nos 100 metros lisos, nos que Matías Barca quedou ás portas da final. O propio Matías Barca e Alejandro Jiménez foron finalistas dos 200 metros lisos, nos que non participaron finalmente por problemas físicos. Ademais, Noel Ferraces foi quinto en salto de altura, Álvaro Francos foi sexto nos 110 metros valos, e Lucas Lesmes sétimo nos 400 metros valos.

Oito medallas para o MillaRaio no campionato galego sub18 celebrado en Pontevedra

Multimedia

  • Oito medallas para o MillaRaio no campionato galego sub18 celebrado en Pontevedra