Pestanas principais

Oito días para inscribirse no Enreguéifate máis formativo ata o momento!

Xoves, 20 de maio de 2021

O vindeiro 28 de maio remata o prazo de inscricións para o certame Enreguéifate. Como novidade, este ano o certame proporcionou unha serie de materiais formativos de libre visualización arredor da regueifa e da súa conexión con outras artes de improvisación oral, entre os que se atopan obradoiros impartidos por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira ou polo grupo musical SonDaRúa. Están dispoñibles na súa páxina web e na canle de Youtube.

Como cada ano, haberá dúas categorías: Xeral e escolar. E seis premios en cada unha das mesmas: Regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.

Facemos a última chamada á participación a través do formulario da web.

Que é o Enreguéifate?
Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Último aviso para sumarse ás contendas dialécticas dos regueifeiros"

Enreguéifate 2021.

Multimedia

  • Enreguéifate 2021.