Pestanas principais

As oficinas municipais de Educación trasládanse ao Pazo da Peregrina

Martes, 26 de febreiro de 2013

[26-02-2013] O Concello de Ames informa de que as oficinas de Educación, que ata o de agora estaban situadas nun local da praza do Concello (en fronte á Casa do Concello), trasladáronse ao local do Pazo da Peregrina onde se atopan as oficinas de Cultura e Deportes. O goberno municipal está acometendo nas últimas semanas a reubicación de diferentes departamentos nas dependencias da Casa consistorial e noutras instalacións municipais mantendo todos os servizos. O obxectivo deste traslado é aproveitar as dependencias municipais e deixar locais externos, que supoñían un importante gasto anual en alugueiros e outros conceptos. Ademais, esta medida permitirá aproveitar sinerxias entre departamentos. Infórmase así mesmo que os números de teléfono asociados ao departamento de Educación seguirán sendo os mesmo que ata o de agora.