Luns, 03 de novembro de 2014
[03-11-2014] O Concello de Ames informa que dende este luns, 3 de novembro, a Oficina de Recadación do Concello de Ames trasládase á praza Horta de Abaixo de Bertamiráns, nas inmediacións do Complexo Deportivo A Telleira. O horario de atención ao público será de luns a venres entre as 09:00 e as 14 horas. Ademais, os luns e mércores abrirá en horario de tarde, entre as 16:15 e as 18:30 horas.
A nova dirección da Oficina de Recadación do Concello de Ames é: praza Horta de Abaixo, nº 6- Local 18. Nesta oficina realízase a tramitación das taxas municipais, do imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO) e das licenzas de apertura.




