Xoves, 26 de xuño de 2014
[26-06-2014] O Concello de Ames informa de que dende o pasado 18 de xuño a Oficina de Recadación do Concello de Ames atende á veciñanza amiense nas dependencias das Oficinas Xerais, que están situadas na Casa do Concello, en Bertamiráns. Na oficina de recadación realízase a tramitación das taxas municipais; do imposto de construcións, instalacións e obras (ICIO); e das licenzas de apertura. O horario de atención ao público durante os meses de verán é de 9:00 a 14:00 horas.




