[19-09-2014] O lugar de Oca, pertencente á parroquia de Ames, celebra este sábado as súas festa na honra da Virxe do Corpiño con pasarúas a cargo da Agrupación Cultural de Sar e sesión vermú e verbena coa orquestra Bahía Blanca. Ademais a Coral de Oca actuará na Misa Solemne que se celebrará a partir da unha da tarde. Pola súa banda en Lapido honran á Mercé cunha misa cantada que se celebrará aunha da tarde.
“Dignas e modestas”, deste xeito define Manuel Lens, o presidente da Comisión de Festas de Oca, as festas deste ano. “Son tempos difíciles e o máis importante é conservar o espírito da festa, porque anida que, polos tempos que corren, non se pode facer todo o que un quixera, o importante é que se manteñan e que as familias e a veciñanza non perda a tradición de xuntarse e celebrar o día”, engade o presidente da Comisión de Festas de Oca.
E con ese espírito e o agradecemento á colaboración veciñal, A Comisión de Festas de Oca preparou un programa que comezará ás dez da mañá co tradicional pasa rúas que este ano correrá a cargo da Agrupación Cultural do Sar. Terán misa ás dez da mañá e a unha do mediodía. A da unha será misa solemne e actuará a coral de Oca. Logo da misa haberá sesión vermú amenizada pola orquestra Bahía Blanca, a mesma formación que pola noite se encargará da verbena.
Por outra banda Lapido honra a Mercé cunha misa cantada que terá lugar á unha da tarde.




