Mércores, 02 de novembro de 2016
[02-11-2016] O Concello de Ames advirte aos condutores e condutoras de que xoves 3 de novembro a circulación pola vía Alcalde Lourenzo, en Bertamiráns, verase restrinxida, mentres que o estacionamento estará prohibido. Aproveitando o bo tempo levarase a cabo o aglomerado da vía.
As obras comezarán ás 9:00 horas, cubrindo primeiro un carril da estrada para traballar posteriormente no segundo. Para evitar problemas de tráfico a Policía Local de Ames solicita ás persoas condutoras que busquen vías alternativas de paso mentres non se rematen as obras.




