Mércores, 07 de setembro de 2016
[07-09-2016] O Concello de Ames informa á veciñanza de que ao longo da semana realizaranse obras de mellora do pavimento na estrada DP-0205, que conecta coa rotonda de Bertamiráns Norte pola rúa Alcalde Lorenzo. Un semáforo instalado nas obras regulará o tráfico durante estes días e prevense cortes puntuais do tráfico. A Policía Local recomenda aos condutores evitar a zona, así como o estacionamento na rúa Alcalde Lorenzo, tanto para previr algún dano nos vehículos como para facilitar o avance das obras.





