[08-09-2016] A concellaría de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade informa á veciñanza amesá do obradoiro de formación para o Servizo de Voluntariado de persoas xordocegas e xordas que terá lugar na Casa das Asociacións de Benestar Social en Salgueiriños (Santiago de Compostela). O obradoiro divídese en dúas sesións, tendo lugar a primeira este venres 9 de setembro. Foi organizado pola Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela, é gratuíto e de participación libre. As persoas interesadas poden solicitar máis información enviando un correo ao enderezo asopssc@hotmail.com ou chamando ao teléfono 981582968.
A Asociación de Personas Sordas de Santiago de Compostela (APSSC) organiza un obradoiro de formación para o Servizo de Voluntariado de persoas xordocegas e xordas en risco de exclusión social. Será impartido por Marifé García, traballadora social da Federación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), na Casa das Asociacións de Benestar Social. O local está situado na rúa Manuel María nº 6 na zona de Salgueiriños, en Santiago de Compostela.
A formación dividirase en dúas sesións que comezarán ás 17:00 horas. Na primeira, este venres 9 de setembro, revisaranse aspectos máis teóricos como, explica Marifé, “a definición da xordoceguera, os tipos de xordoceguera ou os sistemas de comunicación das persoas xordocegas”. Nunha segunda parte, que terá lugar o venres 16 de setembro, continuarase coa presentación do voluntariado, o papel das persoas voluntarias e unha pequena proba práctica. Poderán participar tanto as persoas socias da APSSC como as non socias e non hai prazo de inscrición.




