Pestanas principais

O xoves procederase ao corte no subministro de auga nas rúas da contorna do polígono Novo Milladoiro

Martes, 23 de xaneiro de 2018

[23-01-2018] Debido aos traballos de reparación na rede de abastecemento de auga potable, o próximo xoves, 25 de xaneiro, entre as 20:00h e as 08:00 horas, procederase ao corte do subministro de auga, que afectará ás seguintes rúas: Oliveiras, Palmeira, das Hedras e da Xesta. Nas zonas nas que hai casas, o corte producirase a partir das 23:00 horas.