Pestanas principais

O xerente de Correos visitará as oficinas do Milladoiro para mellorar os seus servizos

Mércores, 30 de xuño de 2021

O Xerente de Correos da Área Noroeste, Xosé Chorén, acudirá ás oficinas de Correos do Milladoiro xunto co alcalde, Blas García, o luns 5 de xullo. Na visita, preténdese coñecer as necesidades das oficinas e mellorar o seu servizo aos veciños e veciñas de Ames tras as reclamacións de horarios.

Dende fai anos, as oficinas de Correos de Milladoiro só teñen horario de mañá, unha problemática que afecta aos veciños e veciñas de Ames. Trátase dun tema levado a pleno en varias mocións, aprobadas por unanimidade.

Debido á desatención por parte de Correos, alegando a proximidade de oficinas de Santiago que xa abren en horario de tarde. Semanas atrás, desde a alcaldía, contactouse telefonicamente con Manuel Zapatero, subdirector da Rede de Oficinas de Correos, para trasladarlle a problemática existente no Milladoiro, así como a necesidade de reforzar a oficina de Correos do núcleo máis grande do concello. Ademais, achegouse un email cun informe sobre as peculiaridades do Milladoiro xa que se trata dun núcleo con 13348 habitantes, a existencia dun polígono empresarial e unha poboación que traballa de mañá.

Na recente visita do Delegado de Goberno, Xosé Miñones,  ao Concello trasladóuselle os contactos mantidos directamente desde a alcaldía con Correos, e solicitouse a súa intermedición.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Queixas a Correos polas poucas horas que abre a oficina do Milladoiro "

Oficinas de Correos do Milladoiro