- Tematica
O xove violinista do Milladoiro, Anxo Gómez Piñeiro, vén de recibir a boa nova de que é un dos artistas galardoados cos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2024-2025. Anxo Gómez, que foi premiado no ámbito da música e especialidade de violín, recibirá o premio económico de 1.000 euros e un diploma acreditativo de dita distinción. O xove violinista amesán actuará o vindeiro venres, 9 de xaneiro, na Casa da Cultura do Milladoiro. Este concerto está incluído na programación de Nadal do Concello de Ames.
Anxo Gómez Piñeiro foi galardoado por primeira vez cun dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2024-2025. O xove violinista amesán puido concorrer a esta convocatoria de premios unha vez finalizados os estudos profesionais de conservatorio. Anxo Gómez, que foi premiado no ámbito da música e especialidade de violín, recibirá o premio económico de 1.000 euros e unha diploma acreditativo de dita distinción.
A nai de Anxo Gómez, Pilar Piñeiro, destaca que “este premio é un recoñecemento ao gran traballo que realiza Anxo, que dedica moitas horas do seu tempo aos estudos musicais que actualmente cursa coa súa profesora, Yulia Petrusevskaya, integrante da Real Filharmonía de Galicia. Para el é un estímulo e un gran impulso para seguir formándose”. Tamén mostra o agradecemento e recoñecemento que ten Anxo pola súa profesora, Yulia Petrusevskaya.
Na actualidade Anxo Gómez compatibiliza os seus estudos de segundo de bacharelato no IES do Milladoiro cos estudos de violín. Segundo asegura súa nai, Pilar Piñeiro, ten “o apoio de todo o equipo docente e dos seus compañeiros e compañeiras do instituto do Milladoiro, que é algo que temos que agradecer, xa que non é doado compatibilizar os seus estudos e a súa carreira profesional como músico”.
O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, indica que “para Ames é unha honra contar cun gran músico como é Anxo Gómez, que xa destaca no ámbito do violín, e ten unha gran proxección nacional e internacional. É un orgullo que Anxo leve o nome de Ames polo mundo adiante”.
Premios e recoñecementos
Anxo Gómez recibiu en 2022 unha mención de honra pola súa participación no Concurso Internacional Violin Competition, na categoría de menores de 21 anos; tamén obtivo unha mención de honra no concurso VŠMU de Bratislava; foi tres veces gañador do primeiro premio no Concurso de corda Cidade de Vigo (AGIC); gañou o segundo premio do concurso de Llanes, e obtivo o primeiro premio no concurso de Kiev, Aleksey Gorokhov (concurso de Ucraína), entre outros recoñecementos.
Concerto de Anxo Gómez no Milladoiro
O xove violinista amesán actuará o vindeiro venres, 9 de xaneiro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Este concerto está incluído na programación de Nadal 2025 do Concello de Ames.
É a terceira vez que Anxo Gómez actuará no seu concello, despois de facelo en xuño de 2024 nunha velada de violín organizada pola a Escola Municipal de Música de Ames. Posteriormente, actuou en novembro de 2024, dentro da programación de Santa Icía, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, acompañado ao piano de Haruna Takebe.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "La joven promesa musical de Milladoiro: Sempre quixen ser violinista"








