Pestanas principais

O vindeiro sábado continúa a exaltación de produtos de Outono cun obradoiro de cociña de cogomelos na Aula da Natureza

Luns, 12 de novembro de 2012

[12-11-2012] O Concello de Ames organizou unha novidosa programación para o mes de novembro. Durante este mes estase desenvolvendo unha exaltación de produtos de Outono. Estas actividades continúan durante a vindeira fin de semana cun obradoiro de cociña de cogomelos, que se desenvolverá na Aula da Natureza, situada no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda. Neste obradoiro, un cociñeiro elaborará tres pratos diferentes con produtos galegos nos que se incluirán diferentes cogomelos. Previamente, xa se realizou unha charla – coloquio sobre a iniciación aos cogomelos e unha saída micolóxica. Para participar nesta actividade é preciso estar inscrito/a. Para este obradoiro ofértanse un total de 40 prazas. Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 14 anos. Premendo na ligazón que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un mapa en PDF con explicacións para chegar a Aula da Natureza.


Os veciños e veciñas de Ames teñen a oportunidade de participar na Exaltación de produtos de Outono, que organizou o Concello de Ames para este mes de novembro. Estas actividades xiran ao redor da celebración do magosto e do mundo da micoloxía. Esta programación comezou a pasada fin de semana coa celebración da festa do Magosto e dúas actividades sobre a micoloxía: unha charla – coloquio sobre a iniciación aos cogomelos e unha saída micolóxica. Estas actividades tiveron un gran éxito xa que máis de 150 persoas participaron na charla e na saída micolóxica. Os participantes recolleron máis de 30 especies diferentes de cogomelos.

O vindeiro sábado 17 de novembro, ás 17:00 horas, continúa a Exaltación de produtos de Outono cun obradoiro de cociña de cogomelos, que se desenvolverá na Aula da Natureza. Un cociñeiro elaborará tres sinxelos pratos nos que empregará produtos típicos galegos. Estas receitas incluirán diferentes especies de cogomelos.

Ademais, o cociñeiro resolveralle todas as dúbidas que teñan os participantes tanto sobre a preparación destes pratos coma sobre a utilización doutros cogomelos que tamén se poden cociñar. Por último, ofrecerá unha serie de recomendacións para que os participantes saiban que pratos poden incluír os cogomelos como complemento. Para este obradoiro ofértanse un total de 40 prazas. Esta actividade está dirixida a persoas maiores de 14 anos.

Para inscribirse ou ampliar calquera outra información sobre esta actividade poden poñerse en contacto coa Aula da Natureza a través do correo electrónico auladanatureza@concellodeames.org e do número de teléfono 660 004 665 ou coa Concellaría de Medio Ambiente enviando un correo electrónico á dirección medioambiente@concellodeames.org e do número de teléfono 662 377 544.



Contido relacionado


El Correo Gallego: "Continúa a exaltación de produtos de Outono en Ames"