Pestanas principais

O venres 9 o AmesON trae o concerto “The Goonies”

Xoves, 08 de xullo de 2021

Continúa o programa “AmesON” co que, a Concellaría de Promoción Económica xunto coa de Cultura, xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. O segundo concerto, dos trece que están programados, será o de "The Goonies", un grupo de pop rock que versiona temas clásicos. Actuará o venres 9 de xullo, ás 20.00 horas, na Praza de Manuel Murguía, no Milladoiro. Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.

"The Goonies" é unha banda formada por tres integrantes, Óscar Rodil, batería, Paco Prol, guitarrista e coros, e San Escalera, voz principal e guitarrista.  O grupo de pop rock versiona clásicos da música.

Xullo
A programación de xullo continuará o sábado 17 coa Primeira Edición da Festa Latina que homenaxeará Cuba. Celebrarase no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns,

Ellas Son actuará no Milladoiro o venres 23 e Samco, o xoves 29. Ambas actuacións serán na Praza de Manuel Murgía.

O sábado 31 de xullo, na Praza da Madalena, Xosé Costela Grupo pechará os eventos de xullo.

Agosto
O domingo 1, o grupo Son de Tres, estará no Milladoiro e, o mércores 4, Nerea&Chocolate, en Bertamiráns.

O xoves 5, en Bertamiráns, celebrarase a Fase Festa con Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz.

Aires de Orino estará o domingo 8 e Virtual Projet, o sábado 28, no Parque do Aemeneiral.

Setembro
O último mes do AmesOn péchase coa actuación da Orquesta París de Noia, que este ano introduce no seu espectáculo 15 minutos de cancións infantís. Ademais, recordará a cantantes de todos os estilos musicais para todos o gusto e idades. Como teleneiros, actuarán os gañadores da primeira edición do concurso de karaoke “Canta con Ames”.

Novas relacionadas:

Revista AMESGO: "‘The Goonies’, mañá en AmesON"

El Correo Gallego: "A Orquesta París de Noia actuará no mes de setembro no AmesOn"

The Goonies

Multimedia

  • AmesOn