Pestanas principais

O venres 13 de setembro celébrase unha reunión informativa sobre o inicio do curso na Escola Municipal de Música de Ames

Xoves, 05 de setembro de 2013

[05-09-2013] O alumnado que está matriculado no curso 2013-2014 da Escola Municipal de Música de Ames comezará as clases a semana do luns 16 de setembro. Previamente, realizarase unha reunión informativa sobre o inicio do curso o venres 13 de setembro, ás 20:00 horas, no Centro multiusos de Aldea Nova. Nesta reunión informarase dos grupos e horarios de cada materia que se imparte na EMMA. O horario de cada neno e nena establecerao a mestra ou o mestre en función da idade e dos coñecementos de cada un deles. Este ano a Escola Municipal de Música de Ames, dependente da Concellería de Cultura, rexistrou un total de 206 matriculados de cara ao vindeiro curso académico. Calquera dúbida respecto aos horarios pódese consultar chamando ao número de teléfono 981 535 940, en horario de 9:30 a 13:00 horas.