Pestanas principais

O servizo de orientación laboral e mailo Punto de información do Servizo Público de Emprego trasládanse ás instalacións da Casa da Cultura do Milladoiro

Martes, 12 de xaneiro de 2021

 O servizo de orientación laboral do Concello de Ames e mailo Punto de información do Servizo Público de Emprego de Galicia, onde se pode renovar a demanda de emprego, cambian de localización e trasladáronse á Casa da Cultura do Milladoiro, no paseo da Igualdade, número 1. Ademais, cómpre lembrar que dende o 1 de xaneiro, as persoas que precisen renovar a demanda de emprego deberano facer a través da Oficina de virtual do Portal de Emprego de Galicia, da aplicación móbil MOBEM ou mediante chamada telefónica ao 012 ou 981 900 643.

O servizo de orientación laboral do Concello de Ames e o Punto de Información do Servizo Público de Emprego de Galicia, que estaban nas Oficinas Xerais do Milladoiro, cambiaron de localización e trasladáronse á Casa da Cultura do Milladoiro, no paseo da Igualdade, número 1. Estes servizos están abertos á veciñanza de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

Por outra banda, lémbrase que dende o 1 de xaneiro de 2021, as persoas que precisen renovar a demanda de emprego deberano facer a través da Oficina de virtual do Portal de Emprego de Galicia; dende o móbil a través da aplicación MOBEM; ou chamando aos números de teléfono 012 ou 981 900 643, onde se deberá indicar o DNI e un PIN que enviarán por correo electrónico. Se se descoñece o PIN, é preciso pedir cita na oficina Oficina de Emprego Santiago-Centro.

Tamén é posible facer a renovación de emprego de xeito presencial acudindo aos Puntos de información situados na Casa da Concello, en Bertamiráns, e na Casa da Cultura do Milladoiro.

Para máis información, o Concello de Ames pon a disposición da cidadanía o enderezo de correo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal e o número de telefono 649 562 727.

cartel demanda de emprego