Pestanas principais

O segundo prazo de inscrición nas Escolas Culturais permanecerá aberto do 10 ao 14 de setembro

Sábado, 08 de setembro de 2018

[08-09-2018] A próxima semana abre o segundo prazo de inscrición nas Escolas Culturais para o curso 2018/2019. A período de inscrición permanecerá aberta do 10 ao 14 de setembro, para apuntarse naquelas actividades e grupos nos que quedan prazas libres. O proceso de inscrición pódese realizar de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro e no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, en horario de 9.00 a 14.00 horas. As clases comezarán a semana do luns 1 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2019. As persoas interesadas poderán solicitar máis información chamando ao número de teléfono 981 535 940 ou enviando un correo ao enderezo de correo electrónico cultura@concellodeames.gal. A túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter un folleto informativo e consultar as prazas libres de cada unha das actividades ofertadas.


As Escolas Culturais municipais continuarán durante o curso 2018/2019. Organizadas pola Concellaría de Educación e Cultura, as Escolas Culturais ofrecen aulas para crianzas e para persoas maiores de 16 anos, tanto na Casa da Cultura do Milladoiro como na de Bertamiráns. O prezo das actividades é de 40 euros para menores de 18 anos e de 50€ para maiores de idade. No caso de familias que inscriban unha segunda persoa menor de 18 anos, o prezo é de 20 euros. O prezo diminúe a 10 euros para terceiras e demais persoas. Para participar nos cursos é preciso estar empadroada ou empadroado en Ames. Só poderán acceder a estas actividades persoas non empadroadas se quedasen prazas libres unha vez rematado o prazo de inscrición.

No tocante aos cursos, as Escolas Culturais ofrecen clases de baile, de teatro (teatro infantil e xogo dramático, expresión dramática e o grupo municipal de teatro) e de artes plásticas (técnicas artesanais e arte miúda). Na actualidade, existen un total de 183 prazas libres. Como novidade, no vindeiro curso, as Escolas Culturais contarán cun novo grupo de baile de salón de nivel avanzado no Milladoiro e con dous novos grupos de arte miúda para idades comprendidas entre os 7 e os 9 anos, un en Bertamiráns e outro no Milladoiro. Para formar grupo en calquera das actividades será preciso que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas.

A inscrición poderase realizar de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, en horario de 09.00h a 14.00 horas. Para elo haberá que facilitar os datos persoais do/a inscrito/a e dos país/titores no caso de menores de 18 anos. As prazas adxudicaranse por sorteo público que se celebrará o luns 17 de setembro ás 09.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Non se conceden as prazas por orden de chegada.

As listaxes das persoas admitidas faranse públicas ese mesmo luns, 17 de setembro, a partir das 12.00 horas, nos taboleiros da Casa de Cultura do Milladoiro e do Pazo da Peregrina. As persoas que por sorteo obtiveran praza deberán solicitar a folla de autoliquidación nos locais de inscrición ou no correo electrónico:cultura@concellodeames.gal para ir a pagar ata as 14.00 horas do 21 de setembro.

Inscricións ao longo do curso
No caso de realizarse inscricións ao longo do curso o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que resta para rematar o curso. En casos excepcionais, por resolución do órgano competente e previo informe dos Servizos Sociais, poderase acordar a exención total ou parcial das tarifas. Non se permite a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade.

Por outra banda, as baixas deberanse tramitar por escrito no Pazo da Peregrina, de Bertamiráns, ou na Casa de Cultura do Milladoiro. Poderase devolver a cota correspondente en supostos de baixa por forza maior (enfermidade acreditada). Se o alumno/a non acode á clase durante un mes seguido e non xustifica por escrito dita ausencia, poderá ser dado de baixa para ofertar a praza ocupada a outra persoa, sempre e cando haxa persoas en reserva.


Contido relacionado


Compostela 24 Horas: "O segundo prazo de inscrición nas escolas culturais permanecerá aberto do 10 ao 14 de setembro"