Domingo, 27 de maio de 2012
[27-05-2012] A programación teatral da fin de semana rematou hoxe domingo, ás 19,00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro coa representación de Fíos de prata a cargo do alumnado do IES de Ames.
O acto contou coa asistencia do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, que estivo acompañado polo concelleiro de Educación do Concello de Ames, Bernardo Moar; polo concelleiro do grupo municipal popular, Alfonso Rey, e pola directora do IES de Ames, Marisol Louro. Á representación tamén asistiu a voceira do grupo municipal Ames Novo, Pilar Candocia, e outros veciños do concello amiense.