Pestanas principais

O sábado 7 de agosto a Ruta Ciclista Xacobea-Copa España pasará por Ames

Venres, 06 de agosto de 2021

A Copa de España visita Ames pola celebración da 59 Clásica de Pascua–Ruta Xacobea, última proba puntuable desta competición. Os 175 deportistas dos 25 equipos entrarán polo Milladoiro, antes das 11.30 horas, e pasarán polo núcleo urbano de Bertamiráns sobre as 11.50 horas. Debido ao paso da proba deportiva poderá haber retencións puntuais.

A carreira terá saída, ás 10.00 horas, e meta, sobre as 13.55, en Padrón o sábado 7 de agosto. A proba desenvolverase sobre unha distancia de 149,8 quilómetros pasando polos municipios de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Teo, Santiago, Brión e Rois. Os ciclistas pasarán por cinco portos puntuables e outros tantos que non puntúan sendo o máis duro o Alto de Lampai, situado no quilómetro 57,200 con 5,5 quilómetros a máis do 7% de pendente media e rampas ao 10%.

A competición, organizada polo Club Ciclista Padrones-Aluminios Cortizo, inscrita no calendario da Real Federación Española de Ciclismo, está aberta a equipos das categorías Elite e Sub23 e atribúe puntos aos 40 primeiros clasificados na proba para a clasificación Xeral Individual e aos 15 primeiros equipos para a clasificación por equipos.

Ruta Ciclista Xacobea-Copa España

Multimedia

  • Ruta Ciclista Xacobea-Copa España