Pestanas principais

O Ribeiras do Tambre acada o primeiro posto por clubs na XXXI Edición do Descenso do Tambre

Luns, 22 de agosto de 2016

[22-08-2016] O club amesán de piragüismo Ribeiras do Tambre acadou o primeiro postos por clubs na XXXI Edición do Descenso do Tambre que se desenvolveu na mañá do domingo 20 de agosto de 2016 na contorna da Praia Fluvial de Tapia. Na mesma xornada, pola tarde, celebrouse a proba de circuíto, puntuable para a Liga Provincial da provincia de A Coruña, na que o club de Ames acadou o segundo posto por equipos. Ademais, 9 deportistas do club acadaron o primeiro posto da súa categoría. Cinco fixérono no Descenso e catro na Liga Provincial. Jonathan Monteagudo Leal da Sociedade Deportiva As Xubias, que xa ten gañado noutras ocasións esta proba, volveu acadar o primeiro posto na categoría Senior.


Nas probas do descenso, Mario Rodríguez Abuín, en Cadete C-1 5000, Martín del Río Viaño, en Xuvenil K-1 5000, Andrea Tuñas Castro, en Cadete K-1 5000 e Laura Mosquera Escuredo, en Senior Feminino K-1 5000 quedaron en primeiro lugar. Logo pola tarde, na III Regata da Liga Provincial da Coruña, acadaron primeiros postos tamén Luis Gilbert Pérez, en infantil B K-1 – 5000, Ana Zaballa en infantil feminino -A K-1 5000 e Candela Esteban Sánchez Puga, en Benxamín Feminino K-1 5000.

Podes consultar todos os resultados das probas picando nas ligazóns que aparecen á dereita da páxina.

A cita deportiva que cada verán organiza o Club Ribeiras do Tambre de piragüismo en colaboración co Concello de Ames desenvolveuse con éxito de participación e con bos resultados para o club local. O encontro divídese en dúas probas: a de descenso, proba amistosa de de 5.400 metros de distancia, e a de circuíto, de 1.500 metros de percorrido, puntuable na Liga Provincial da Coruña, deixou ao Ribeiras do Tambre. Participaron do evento máis de 400 deportivos, 49 dos cales pertencen ao Ribeiras do Tambre.

Ademais do primeiro e segundo posto que, respectivamente, o club local acadou no Descenso por equipos e na proba de circuíto, varios padexeiras e padexeiras quedaron de primeiros nas súas respectivas categorías. No caso do padexeiro Angel González Gómez o triunfo foi dobre, dado que competía na modalidade de cadete K-1 5000 no descenso e no cadete K-1 3000 na Regata da Liga Provincial e en ámbalas dúas probas acadou o primeiro posto.