Pestanas principais

O reemisor de Seares de Arriba xa dispón dun novo equipo adaptado ao dividendo dixital

Venres, 23 de xaneiro de 2015

[23-01-2015] O Concello de Ames estivo mellorando o equipamento do reemisor de Seares de Arriba, que presta servizo aos veciños e veciñas de Tapia e Piñeiro. Esta actuación consistiu na substitución do vello emisor rural de televisión analóxica, de pequena potencia, por outro adaptado á tecnoloxía dixital. O novo equipo permite dispor de maior cobertura e mellorar a calidade do sinal de televisión. Esta actuación é froito dun convenio asinado entre o Concello de Ames e a Secretaría Xeral de Medios. A veciñanza destes lugares deberá resintonizar as súas televisións para poder ver correctamente todas as canles, que cambian a súa frecuencia de emisión.

Actualmente existen un total de cinco reemisores dixitais que están situados nos lugares de Eirapedriña, Seares de Arriba, Leboráns, Agrón e no monte de Mar de Ovellas, este último en Castiñeiro do Lobo. Nas últimas semanas a empresa GST Telecomunicaciones estivo realizando varias actuacións para adaptar estes reemisores ao novo dividendo dixital. Unha vez realizada esta adaptación, a veciñanza deberá resintonizar as súas televisións para poder ver correctamente todas as canles, que cambian a súa frecuencia de emisión.

Recentemente, estívose cambiando o vello equipo do reemisor de Seares de Arriba por outro adaptado á tecnoloxía dixital. A través desta actuación ofrécese unha maior cobertura e unha mellor calidade de imaxe a uns 250 veciños/as residentes nas parroquias de Tapia e Piñeiro. Poderán comprobar a súa cobertura a través da páxina web www.tdtgalicia.es ou chamando ao teléfono 981 57 21 54.

A Secretaría Xeral de Medios colocará as antenas e instalará os equipos emisores de TDT. Será esta quen asuma o mantemento dos equipos de telecomunicacións instalados, mentres que o Concello encargarase da conservación da infraestrutura na que están colocados os devanditos equipos.