Pestanas principais

O Punto Limpo recolleu en xullo preto de dúas toneladas e media de equipos eléctricos e electrónicos

Xoves, 04 de agosto de 2022

O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames rexistrou 575 entradas en xullo de 2022. Durante o pasado mes destaca a achega de 2.474 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 180 quilogramos de pneumáticos fóra de uso e 165 litros de aceites vexetais e de motor. O Punto Limpo, inaugurado en xaneiro de 2007, está situado na rúa das Hedras, no polígono do Milladoiro, e abre de luns a venres de 10:00 a 14:10 horas e de 16:00 a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 a 14:10 horas e de 16:00 a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

O número de veciñas e veciños que fan uso do Punto Limpo para depositar alí os seus residuos segue incrementando, xa que cada vez somos máis conscientes da importancia que ten facer un uso correcto dos refugallos que non se poden depositar nos colectores convencionais.

Deste xeito, durante o pasado mes de xullo realizáronse unhas 575 entradas no servizo. Concretamente, a veciñanza amesá depositou 2.474 quilogramos de equipos eléctricos e electrónicos, 100 quilogramos (2 metros cúbicos) de envases baleiros contaminados, 180 quilogramos de pneumáticos fóra de uso (27 unidades), 90 quilogramos de baterías de chumbo (6 unidades), 3 metros cúbicos de roupa, 100 metros cúbicos de voluminosos e 5 quilogramos de pilas (arredor de 170 unidades).

Ademais, rexistrouse a entrada de 53 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 20 metros cúbicos de escombro, outros 20 metros cúbicos de plásticos, 30 metros cúbicos de metais, 112 quilogramos de pintura, 100 metros cúbicos de madeira, 9 metros cúbicos de papel e 25 unidades de aerosois. Cómpre engadir tamén os aceites, 87 litros de aceite vexetal e 78 litros de aceite de motor.

Campañas de concienciación

O Concello de Ames puxo en marcha varias campañas de concienciación nos últimos anos. Durante o ano 2020 as Concellarías de Servizos Básicos e de Transición Ecolóxica realizaron a campaña “Non nos merecemos isto”. Trátase dunha campaña de sensibilización para concienciar á veciñanza sobre a importancia de depositar os voluminosos (mobles e aveños) no Punto Limpo. Esta iniciativa sumouse a outras campañas como “Cada cousa no seu sitio!” ou “ASÍ NON. Lévaos ao Punto Limpo #CoidaAmes” postas en marcha no anterior mandato.

Horarios e teléfono de contacto do Punto Limpo

O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Este centro está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e o sábado. Así, o Punto Limpo abre de luns a venres de 10:00 a 14:10 horas e de 16:00 a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 a 14:10 horas e de 16:00 a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, para acordar unha data e un lugar, coa finalidade de depositalos xunto ao contedor máis próximo, para que posteriormente se realice a súa recollida.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El punto limpio de Ames recogió en julio 2,5 toneladas de equipos eléctricos"

El Correo Gallego: "El único punto limpio de A Maía ya ‘jubiló’ 2,5 tn de basura electrónica"

Enfoques: "El Punto Limpo de Ames recogió dos toneladas y media de equipos eléctricos y electrónicos en julio"

O Punto Limpo recolleu en xullo preto de dúas toneladas e media de equipos eléctricos e electrónicos

Multimedia

  • O Punto Limpo recolleu en xullo preto de dúas toneladas e media de equipos eléctricos e electrónicos