Pestanas principais

O Punto Limpo recolleu ao longo do mes de marzo 5.019 quilogramos de lixo procedente da construción

Xoves, 01 de maio de 2025

O centro de depósito de residuos rexistrou 693 visitas no punto limpo de O Milladoiro e 44 no punto limpo móbil. Durante o pasado mes destaca a achega de 812 quilogramos de plástico, 729 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES), 3.072 quilogramos de madeira e 5.019 quilogramos de mistura de formigón, ladrillos e outros refugallos procedentes da construción. O Punto limpo móbil ampliou os seus servizos, polo que o último sábado de cada mes presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño.

O número de veciñas e veciños que fan uso do Punto Limpo para depositar os seus residuos segue a aumentar, xa que cada vez somos máis conscientes do importante que é reciclar correctamente aqueles refugalos que non se poden depositar nos colectores convencionais.

Deste xeito, o pasado mes de marzo rexistráronse un total de 737 entradas no servizo municipal (693 no punto limpo do Milladoiro e 44 no punto limpo móbil) a través das cales se achegaron diferentes residuos. Máis concretamente, a veciñanza amesá depositou 729 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES), 812 quilogramos de plásticos, 52 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 79 quilogramos de roupa, 218 unidades de voluminosos e 10 unidades de pneumáticos usados.

Ademais, rexistrouse a entrada de 1.750 quilogramos de metais, 32 quilogramos de lodos de pintura, 3.072 quilogramos de madeira, 5.019 quilogramos de lixo procedente da construción (formigón, ladrillos e outros), 178 quilogramos de envases de papel e cartón e 19 unidades de envases baleiros de aerosois. Cómpre destacar tamén os aceites: 32 litros de aceite usado e 51 litros de aceite vexetal.

Tamén se achegaron 83 quilogramos de produtos fotoquímicos, 6 quilogramos de envases compostos, 7 quilogramos de envasases baleiros contaminados, 57 unidades de grandes aparatos electrodomésticos (GAES), 42 unidades de monitores e pantallas CRT-R5 e 15 unidades de monitores e pantallas (non CRT nin LED).

Horario e teléfono de contacto do Punto Limpo
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do parque empresarial Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Recentemente, ampliou o seu horario, e ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde. Así, o Punto Limpo abre de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.

Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.

Ampliación do servizo do Punto limpo móbil
O servizo do Punto limpo móbil, que encontrou en funcionamento no 2023, ampliou os seus servizos. Deste xeito, o último sábado de cada mes o Punto limpo móbil presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño, nos seguintes horarios:

-Urbanización de Aldea Nova: está diante do Centro de usos múltiples de Aldea Nova, en horario de 11.00 a 11.45 horas.
-Urbanización de Agro do Muíño: está na dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño, en horario de 12.00 a 12.45 horas.
-Urbanización de As Mimosas: está na zona da piscina, en horario de 12.55 a 13.30 horas.

O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde.

Os residuos que se poden depositar no punto limpo son aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, CD, DVD, disquetes e casetes, cristal, xoguetes, lámpadas e fluorescentes, pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas, ordenadores, etc.), pilas, pinturas e vernices, radiografías, roupa e calzado e teléfonos móbiles.

Novas relacionadas:

Diario de Santiago: "O Punto Limpo de Milladoiro – Ames – recolleu ao longo do mes de marzo 5.019 quilogramos de lixo procedente da construción"

O Punto Limpo recolleu ao longo do mes de marzo 5.019 quilogramos de lixo procedente da construción