- Tematica
O centro de depósito de residuos do Punto Limpo rexistrou un total de 2.216 entradas no terceiro trimestre deste ano, correspondendo 766 visitas no mes de xullo, 693 durante o mes de agosto e, finalmente, 757 en setembro. Así mesmo, o Punto limpo móbil tamén recibiu un gran número de visitas neste período trimestral, correspondendo 194 no mes de xullo, 216 en agosto e 83 neste pasado mes de setembro. Cómpre lembrar que o Punto limpo móbil ampliou os seus servizos, polo que o último sábado de cada mes presta servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño.
O número de veciñas e veciños que fan uso do Punto Limpo para depositar os seus residuos segue a aumentar, xa que cada vez somos máis conscientes do importante que é reciclar correctamente aqueles refugalos que non se poden depositar nos colectores convencionais.
Deste xeito, durante o segundo trimestre do ano, rexistráronse un total de 2.216 entradas no servizo municipal a través das cales se achegaron diferentes residuos. Desas visitas, 766 corresponden ao mes de xullo, 693 ao mes de maio e 757 durante o mes de xuño.
Deste período trimestral, cómpre salientar os datos do pasado mes de setembro, no que a veciñanza amesá depositou 719 unidades de pequenos aparatos eléctricos e electrónicos (PAES), 566 quilogramos de plásticos, 116 unidades de tubos fluorescentes e outras lámpadas, 132 quilogramos de roupa, 302 unidades de voluminosos e 13 unidades de pneumáticos usados.
Ademais, rexistrouse a entrada de 812 quilogramos de metais, 92 quilogramos de lodos de pintura, 3.600 quilogramos de madeira, 2.140 quilogramos de lixo procedente da construción (formigón, ladrillos e outros), 164 quilogramos de papel e cartón e 23 unidades de aerosois. Cómpre destacar tamén os aceites: 46 litros de aceite usado e 31 litros de aceite vexetal.
Tamén se achegaron 24 quilogramos de envases compostos, 96 quilogramos de envasases baleiros contaminados, 90 unidades de grandes aparatos electrodomésticos (GAES), 12 unidades de aparatos de frío, 51 unidades de monitores e pantallas CRT-R5, 36 unidades de monitores e pantallas (non CRT nin LED), e 15 quilogramos de produtos fotoquímicos.
Horario e teléfono de contacto do Punto Limpo
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí pode achegarse toda a veciñanza de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel. Recentemente, ampliou o seu horario, e ofrece os seus servizos de luns a sábado en horario de mañá e de tarde. Así, o Punto Limpo abre de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, seis días á semana. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 53 66 88.
Os voluminosos deben entregarse no Punto Limpo. Outra opción é chamar aos números de teléfono 981 19 12 40 ou 639 10 76 38, e acordar unha data e un lugar para depositalos xunto ao contedor máis próximo e que, posteriormente, sexan recollidos.
Ampliación do servizo do Punto limpo móbil
O servizo do Punto limpo móbil, que encontrou en funcionamento no 2023, ampliou os seus servizos. Deste xeito, o último sábado de cada mes o Punto limpo móbil está a prestar servizo nas urbanizacións de Aldea Nova, As Mimosas e Agro do Muíño, nos seguintes horarios:
-Urbanización de Aldea Nova: diante do Centro de usos múltiples de Aldea Nova, en horario de 11.00 a 11.45 horas.
-Urbanización de Agro do Muíño: dársena de autobuses do CEIP Agro do Muíño, en horario de 12.00 a 12.45 horas.
-Urbanización de As Mimosas: zona da piscina, en horario de 12.55 a 13.30 horas.
O vehículo consta dunha plataforma móbil que se abre en dúas metades deixando un corredor central desde o que se accede aos colectores específicos para cada tipo de residuo. Nel hai un operario para axudar a que todos os residuos se depositen no colector que lles corresponde.
Os residuos que se poden depositar no punto limpo son aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, CD, DVD, disquetes e casetes, cristal, xoguetes, lámpadas e fluorescentes, pequenos electrodomésticos electrónicos (televisores, microondas, ordenadores, etc.), pilas, pinturas e vernices, radiografías, roupa e calzado e teléfonos móbiles.





