Pestanas principais

O Punto Limpo de Ames superou, por primeira vez dende a súa apertura, os 5000 usuarios en 2015

Venres, 22 de xaneiro de 2016

[22-01-2016] Nove anos despois da súa apertura, a mediados do mes de xaneiro de 2007, o Punto Limpo de Ames superou no 2015, por primeira vez, os 5000 usuarios e usuarias que acudiron a el para depositar distintos tipos de refugallos.

O Punto Limpo está situado no número 30-C da rúa das Hedras, no parque empresarial do Milladoiro. Os horarios de apertura son de 10:00 a 14:00 da mañá a 16:00 a 18:00 da tarde de luns a ventres. Os sábados o Punto Limpo abre de 9:00 a 14:00 da mañá e de 16:00 a 20:00. En 2006 a empresa Urbaser obtiña a concesión deste servizo, ademais da limpeza das rúas amesás e outras actividades de limpeza e reciclado.

O número de usuarios foi aumentando co paso dos anos. Dende os case 1700 cidadáns que se achegaron ao parque empresarial do Milladoiro no seu primeiro ano de vida, máis de 4300 sumáronse ao desexo de reciclar os seus residuous e acudiron ao Punto Limpo: 5393 e o número exacto de persoas que empregaron este servizo en 2015. O servizo, gratuíto, pode ser empregado por calquera persoa empadroada no concello.

O servizo recibiu ao longo do pasado ano e segundo datos proporcionados pola propia Urbaser, 31.717 kg de electrodomésticos, 14 m3 de envases baleiros contaminados, 1995 kg de baterías de chumbo, 111 m3 de papel, 1651 kg de pinturas, 75 m3 de roupa, 148 unidades de aerosois, 925 luminarias fluorescentes e 650 m3 de voluminosas (colchóns, sofás, espumas etc.) . Os aportes de madeira alcanzaron, ademais, os 510 m3, os aceites vexetais ascenden a 3545 litros e os mineirais a 626 litros. Superáronse os 690 m3 de escombros procedentes de obras menores, 310 m3 de metais e máis de 3464 kg de neumáticos fóra de uso.

Ames é un municipio cuxa poboación crecente, que a finais do ano 2015 chegaba aos 30.764 habitantes segundo o padrón municipal, xenera un gran volume de residuos. É a coolaboración e cooperacións dos veciños e veciñas o que contribúe a facilitar a clasificacións dos refugallos para a súa posterior reutilización.

Como indica o xefe de servizo de Urbaser, Angel Fagilde, "coa recepción destes residuos domésticos no recinto non só se contribúe á eliminación de vertedoiros incontrolados, senón que se mellora a limpeza das rúas ao eliminar o o depósito destes residuos habitualmente localizados ao lado dos contedores do lixo".

Pola súa banda, o concelleiro de Servizos Básicos, Blas García, amosa a súa satisfacción polos datos acadados porque iso indica unha maior concienciación da cidadanía e iso sempre é beneficioso para todos e todas as amesás". Explica o concelleiro que a durante a época estival se desenvolveu unha campaña entre a concellaría de Medio Ambiente e a de Servizos Básicos sobre os aparellos eléctricos e electrónicos para concienciar á cidadanía e os entregasen no punto limpo para proceder á súa reciclaxe. "É necesario e moi produtivo a realización de campañas de concienciación e de información, polo que se continuarán a realizar actividades e novas campañas para o uso do punto limpo de Milladoiro"

Contido relacionado


La Voz de Galicia:"El punto limpio de Ames superó los 5.000 usuarios durante el 2015"
El Correo Gallego:"El punto limpio ‘recibió’ a 5.400 usuarios y 30.000 kilos de electrodomésticos"