Pestanas principais

O Punto Limpo de Ames rexistrou 2.822 entradas no primeiro semestre de 2017

Martes, 08 de agosto de 2017

[08-08-2017] O centro de depósito de residuos do Punto Limpo de Ames, situado no polígono do Milladoiro, rexistrou durante o primeiro semestre deste ano uns datos que amosan a concienciación da veciñanza amesá co medio. En total, entre os meses de xaneiro e xuño de 2017 un total de 2.822 veciños e veciñas de Ames achegáronse ata o Punto Limpo para depositar alí todo tipo de residuos, favorecendo a súa mellor valorización e evitando o seu depósito incontrolado. Respecto ao primeiro semestre de 2016 incrementouse en 220 o número de entradas. Este servizo municipal está xestionado pola empresa Urbaser.

Horarios e teléfono de contacto
O Punto Limpo está situado na rúa das Hedras do polígono Novo Milladoiro e ata alí poden achegarse todos os veciños e veciñas de Ames para desfacerse de aqueles obxectos e materiais que non van aos colectores convencionais de materiais orgánicos, inorgánicos, vidro ou papel.

O centro está aberto preto de 40 horas semanais en xornada de mañá e tarde entre luns e o sábado. Así, o Punto Limpo abre de luns a venres de 10:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 18:00 horas. Os sábados o horario é de 9:00 h a 14:00 horas e de 16:00 h a 20:00 horas. As persoas que teñan calquera dúbida poden chamar ao teléfono 981 536 688. Para a recollida de voluminosos e enseres a domicilio, os cidadáns teñen que chamar ao número de teléfono 981 19 12 40.

O Parque de Reciclaxe ou Punto Limpo é un centro de aporte voluntario, equipado de colectores específicos, capacitado para recibir residuos dos particulares censado en Ames que deberán acudir ao centro co DNI ou volante de empadroamento. O servizo é de balde para estes/as veciños/as. O Punto Limpo favorece a separación en orixe, contribuíndo ao reciclaxe dos residuos recollendo os enseres domésticos e participa na loita contra os vertidos incontrolados.

En total, entre os meses de xaneiro e xuño de 2017 un total de 2.822 veciños e veciñas de Ames achegáronse ata o Punto Limpo para depositar alí todo tipo de residuos, favorecendo a súa mellor valorización e evitando o seu depósito incontrolado. Cada vez son máis as persoas que empregan este centro de depósito de residuos. Tendo en conta os datos do primeiro semestre de 2016 (2.602 entradas), este ano no primeiro semestre incrementou en 220 o número de entradas.

En relación aos residuos achegados pola veciñanza amesá destaca notablemente o aporte de RAEES (equipos eléctricos e electrónicos), luminarias, pneumáticos e baterías. Tamén cómpre destacar que a achega de aceites diminuíu dende a colocación dos colectores para a recollida de aceite doméstico usado. Asemade, hai outros residuos que aumentan lixeiramente como son os restos de escombros procedentes de obras menores, plásticos, residuos metálicos (ferro e chatarra principalmente), pinturas, pilas, madeira, voluminosos (enseres e colchóns) e aerosois.

Por outra banda, para evitar a utilización do Punto Limpo como centro de xestión de residuos industriais, regulouse o número e peso máximo dalgúns dos residuos que se aceptan, deste xeito os/as usuarios/as non poderán depositar ao mes cantidades superiores a 10 litros de aceites de motor, 10 unidades de aerosois; 50 quilos de escombros; 1 frigorífico; 60 quilos de voluminosos; 3 mobles; 20 litros de aceites vexetais; 2 quilos de pinturas; 2 electrodomésticos e 6 unidades de tubos fluorescentes.

Contido relacionado


El Correo Gallego: "Crece un 8,4% la demanda en el punto limpio amiense"
La Voz de Galicia: "El Punto Limpo de Ames recibió 2.822 entradas de residuos en el primer semestre de este año"
Ames Go: "Aumentan as entradas no Punto Limpo de Ames"