Venres, 20 de abril de 2018
[20-04-2018] O alcalde de Ames, José Miñones, vén de facer público un bando no que se avisa a toda a cidadanía dos cortes no subministro da auga, que terán lugar o vindeiro xoves, 26 de abril, entre as 00:00h e as 08:00 horas. Os cortes, que se deben á realización de traballos de mantemento na rede de abastecemento de auga potable, afectarán ao núcleo de Bertamiráns e a outras zonas do concello, como Pedras, Castelo ou Ventosa. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o bando no que se recolle toda a información, incluída a relación de zonas afectadas.




