Pestanas principais

O proxecto “Telechurro Milladoiro”, posto en marcha polo alumnado do IES do Milladoiro, remata esta fin de semana

Mércores, 11 de xuño de 2014

[11-06-2014] Durante seis semanas, un grupo de alumnos que están realizando o último curso da ESO no IES do Milladoiro, estiveron realizando unha tarefa de repartición a domicilio de churros elaborados por un churreiro da zona. O obxectivo desta actividade é recadar fondos para a viaxe de fin de curso de 4º ESO. Aqueles veciños que desexen colaborar con este proxecto, teñen unha última oportunidade este sábado 14 e o domingo 15 de xuño. Para elo, terán que facer un pedido ao enderezo telechurromilladoiro@gmail.com ou chamado ao número de teléfono 653 290 970. Tamén se pode enviar un Whatsapp a este mesmo número de teléfono. Os mozos atenderanlles entre as 9:00 e as 12.00 horas.

Os mozos aprenderon dunha forma práctica como funciona unha cooperativa, a levar un libro de pedidos e un libro de caixa, así como a ver en directo o concepto “beneficio empresarial ou marxe de actividade”, comprendendo que non todo o que entra é directamente ganancia. Esta experiencia ensinoulles tamén a necesidade dunha boa divulgación do seu produto para chegar ao cliente potencial, a xestionarse en equipo, facer investimento pagando as fotocopias para os seus papeis-anuncio, etc. En definitiva, tratouse dunha experiencia máis alá dunha simple busca de financiamento.

Segundo explican dende a organización desta actividade “esta pioneira e iniciativa recibiu as felicitacións por parte de moitos veciños, pero tivo unha pequena carteira de clientes. Cando unha iniciativa arrinca necesita un período de madurez que, nesta ocasión, non dispuxo de tempo suficiente”.

Esta fin de semana rematan seis semanas de traballo nas que os alumnos/as tiveron que levantarse cedo pola semana para ir ás clases e volver a madrugar os sábados e domingos para estar puntuais na churrería, ás 9:00 horas, co fin de atender as reservas de pedidos. Ademais, este traballo coincidiu coas semanas de final de curso, nas que os rapaces e rapazas teñen máis cantidade de probas e exames, polo que o esforzo foi dobre.

Aqueles veciños que desexen colaborar con este proxecto, teñen unha última oportunidade este sábado 14 e o domingo 15 de xuño. Para elo, terán que facer un pedido ao enderezo telechurromilladoiro@gmail.com ou chamado ao número de teléfono 653 290 970. Tamén se pode enviar un Whatsapp a este mesmo número de teléfono. Os mozos atenderanlles entre as 9:00 e as 12.00 horas.

Así, o seguinte fin de semana, unha vez finalizado o curso, celebrarán o seu fin de etapa de estudos obrigatorios pasando dous días nun próximo parque multi-aventura, gravando un recordo dos compañeiros cos que finalizan a súa educación obrigatoria.