Pestanas principais

O proxecto Ames 2020 non sae elixido na convocatoria DUSI cofinanciada con fondos FEDER

Luns, 03 de outubro de 2016

[03-10-2016] Este luns, 3 de outubro, saíu no Boletín Oficial do Estado a resolución da convocatoria de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI) do Fondo de Desenvolvemento Europeo (FEDER). Segundo informan dende o goberno municipal o Concello Ames, que se presentará a esta convocatoria co proxecto Ames 2020, non saíu elixido como entidade beneficiaria desta convocatoria. Aínda así, comunican que se abrirá de xeito inminente a segunda convocatoria, tendo intención o goberno de volver a presentarse. O proxecto Ames 2020 recollía un plan de base integrado que marcaba a ruta do desenvolvemento amesán nos próximos catro anos. O Concello estalle comunicando aos grupos políticos da corporación, así como as asociacións e veciños/as que participaron neste proxecto a resolución de dita convocatoria.

Esta mañá coñecéronse os Concellos que saíron elixidos para beneficiarse da convocatoria de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (DUSI) do Fondo de Desenvolvemento Europeo (FEDER). A resolución de dita convocatoria foi publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE). O alcalde de Ames, José Miñones, indica que “lamentablemente Ames non saíu elixido entre os concellos beneficiarios. Aínda así comunícannos que se abrirá de forma inminente a segunda convocatoria sendo intención do goberno volver a presentarse. Temos solicitada unha reunión co Director xeral da RIU co obxectivo de coñecer os puntos débiles da nosa convocatoria para poder corrixilos nesta segunda fase”.