[11-12-2017] O vindeiro xoves, 14 de decembro, terá lugar o seguinte dos obradoiros encadrados dentro do programa Vives Emprende, que está organizado polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e en colaboración coa ONG Acción contra a Fame. O obradoiro, que estará centrado nas claves e técnicas máis eficaces para levar a cabo unha negociación, desenvolverase no Centro de Formación e Emprego do Concello, situado en Aldea Nova, entre as 16:00h e as 20:00 horas. Para participar neste obradoiro non é preciso inscribirse previamente, porén as persoas que queiran facelo poderán efectuar a súa inscrición chamando ao Concello de Ames, ao número de teléfono do departamento de Promoción Económica, ao 981 883 002, ou ao teléfono da propia asociación, ao 689 869 465. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo mlloves@accioncontraelhambre.org. Tamén é posible inscribirse cubrindo o seguinte formulario online https://goo.gl/Efb14L.
O programa Vives Emprende está dirixido a persoas do concello de Ames desempregadas ou con empregos precarios, que teñan unha idea emprendedora e que estean a pensar en levala a cabo. O programa, que está conformado por diferentes obradoiros, púxose en marcha o pasado outubro. O vindeiro xoves, 14 de decembro, terá lugar o obradoiro Claves e técnicas para negociar con éxito, no que se abordarán habilidades e estratexias eficaces á hora de levar a cabo unha negociación exitosa, que posibilite acordos vantaxosos para o noso negocio.
O obradoiro desenvolverase no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, situado en Aldea Nova, en horario de 16:00h a 20:00 horas. Cómpre destacar, asemade, que ao mesmo tempo que se están a realizar os obradoiros do programa Vives Emprende, tamén se están a desenvolver as titorías de asesoramento individual, que son adaptadas ao estado de cada proxecto e ás necesidades de cada persoa emprendedora.
Para participar neste obradoiro non é preciso inscribirse previamente, porén as persoas que queiran facelo poderán efectuar a súa inscrición chamando ao Concello de Ames, ao número de teléfono do departamento de Promoción Económica, ao 981 883 002, ou ao teléfono da propia asociación, ao 689 869 465. Outra opción é enviar un correo electrónico ao enderezo mlloves@accioncontraelhambre.org. Do mesmo xeito, tamén é posible inscribirse cubrindo o seguinte formulario online https://goo.gl/Efb14L.
O Vives Emprende está organizado polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e en colaboración coa ONG Acción contra a Fame. Financiado polo Fondo Social Europeo, o programa traballa fundamentalmente dous eixos. Por unha banda, están os contidos de carácter técnico vinculados ao desenvolvemento da idea, ao plan de negocio e á análise económica e financeira, entre outros aspectos. Pola outra, están os contidos competencionais, que inclúen o desenvolvemento de habilidades emprendedoras que axudan ás persoas a afrontar o proceso de forma eficaz. O obxectivo do Vives Emprende é o de fomentar o espírito emprendedor, coa finalidade de facilitar o acceso ao mundo laboral, a través do emprego por conta allea ou do autoemprego, das persoas participantes.
Elevator Pitch
O vindeiro 19 de decembro terá lugar o obradoiro Elevator Pitch: como vender a miña idea nun minuto, que porá o foco nesta técnica. Desta maneira, as persoas asistentes traballarán estratexias de comunicación útiles (imaxe persoal proxectada, empatía e escoita activa) para a presentación e venda dun proxecto ou dunha idea de negocio, acadando o interese dos posibles investidores, das persoas sociais ou do público en xeral. Este obradoiro desenvolverase tamén en horario de 16:00h a 20:00h, no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, en Aldea Nova.