- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellería de Mocidade de Ames, organiza unha nova actividade do programa Trouleando cunha xornada no Titans Laser Tag, en Teo, o próximo sábado 28 de febreiro. O prazo de inscrición estará aberto do 12 ata o 18 de febreiro. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 42 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición nesta ligazón.
O programa Trouleando retoma a súa actividade destinada á mocidade amesá neste mes de febreiro cunha apaixonante xornada matinal no Titans Laser Tag, situado en Teo. Un espazo de 750 metros cadrados destinados á simulación de combate con pistolas e armas láser totalmente inofensivas e indoloras.
O láser tag é un xogo no que se recrean experiencias reais de combate de maneira segura e dinámica mediante unhas armas que empregan tecnoloxía infravermella e unhas diademas con sensores que van colocadas nas cabezas dos e das xogadoras. As armas están totalmente informatizadas, polo que cada participante terá estatísticas en tempo real e información sobre o resto de compañeiros de equipo e rivais.
A actividade desenvolverase o vindeiro sábado 28 de febreiro. Haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina, ás 09.45 horas, e da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 10.00 horas. A volta está prevista para, aproximadamente, as 13.45 horas no Milladoiro e as 14.00 horas en Bertamiráns.
Para participar, é preciso inscribirse enviando a xuventude@concellodeames.gal a ficha adxunta entre o 12 e o 18 de febreiro. Haberá un total de 42 prazas dispoñibles, só para mozos e mozas empadroadas no Concello de Ames, que se asignarán por orde de chegada ata completar o aforo. Será requisito indispensable contar cun mínimo de 20 participantes.






