- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellería de Mocidade de Ames, organiza unha nova actividade do programa Trouleando cunha xornada de deporte de aventura, no río Ulla, o próximo sábado 25 de abril. O prazo de inscrición estará aberto dende o 9 e o 16 de abril. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 50 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición nesta ligazón.
O programa Trouleando retoma a súa actividade destinada á mocidade amesá neste mes de abril cunha apaixonante xornada do deporte de aventura hidrospeed, realizando a ruta Carcacía-Herbón, en Padrón. O hidrospeed é unha das actividades de augas bravas máis apaixoantes e consiste en descender o río tumbados sobre un trineo flotante e propulsado a través dunhas aletas.
A actividade desenvolverase o vindeiro sábado 25 de febreiro. Haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina, ás 15.00 horas, e da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 15.15 horas. A volta está prevista para, aproximadamente, as 20.15 horas no Milladoiro e as 20.30 horas en Bertamiráns. É preciso para esta actividade saber nadar, levar traxe de baño, toalla, calzado que se poida mollar e unha muda completa.
Para participar, é preciso inscribirse enviando a xuventude@concellodeames.gal a ficha adxunta entre o 9 e o 16 de abril. Haberá un total de 50 prazas dispoñibles, só para mozos e mozas empadroadas no Concello de Ames e nados entre o 2013 e o 1996 As prazas asignaranse por orde de chegada ata completar o aforo. Será requisito indispensable contar cun mínimo de 20 participantes.





