- Tematica
A Concellaría de Mocidade de Ames organiza unha nova actividade do programa Trouleando, desta volta, cunha xornada no Karting Marineda da Coruña, o circuíto indoor máis grande de Galicia. Terá lugar o vindeiro sábado 29 de novembro e, como vén sendo habitual, ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. O prazo de inscrición estará aberto do 12 ata o 17 de novembro. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 50 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición nesta ligazón.
O programa Trouleando retoma a súa proposta de actividades para a mocidade amesá neste mes de novembro. Deste xeito, a Concellaría de Mocidade organiza para este mes unha nova actividade chea de diversión. Nesta ocasión, a proposta é unha xornada no Karting Marineda na Coruña, o circuíto indoor máis grande de toda Galicia. A xornada comezará cun briefing, unha pequena charla sobre a seguridade do circuíto. A continuación, organizaranse as quendas para dar comezo á competición e ás finais. Unha vez finalizada a actividade na pista, haberá un período de tempo libre.
A actividade realizarase o sábado 29 de novembro pola mañá. Como vén sendo habitual, haberá servizo de autobús dende o Pazo da Peregrina ás 8.30 horas e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 8.45 horas. O regreso aproximado está previsto para as 14.30h no Milladoiro e 14.45h en Bertamiráns.
As persoas admitidas para participar na actividade, recibirán no seu correo electrónico un enlace no que deberán rexistrarse para poder competir nas carreiras do karting na que se poderán consultar posteriormente as clasificacións. Este requisito é imprescindible para poder participar na actividade.
Pode inscribirse a mocidade empadroada no concello de Ames, nada entre o 2012 e 1995. O prazo de inscrición estará aberto entre o 12 e o 17 de novembro. Para participar, é preciso enviar a ficha de inscrición cuberta e asinada a xuventude@concellodeames.gal. Pódese descargar a ficha de inscrición nesta ligazón.
Hai 50 prazas dispoñibles que se irán cubrindo por orde de chegada, mais será preciso contar cun mínimo de 20 mozos/as para desenvolver a actividade, en caso contrario, o Concello de Ames, poderá anular a actividade. Para resolver posibles dúbidas pódese contactar coa Concellería de Mocidade a través do correo electrónico xuventude@concellodeames.gal ou chamar ao 616 08 32 29.
Novas relacionadas:
AMSGO!: "Trouleando volve este mes de novembro cunha xornada de Karting o 29-N. Apúntate antes do 17"






