Pestanas principais

O programa integrado para o emprego InserAmes-Brión X acadou ata agosto un 55% de insercións

Xoves, 06 de setembro de 2018

[06-09-2018] Dende o pasado 1 de decembro de 2017 estase desenvolvendo a décima edición do programa integrado para o emprego “InserAmes Brión”. Nesta ocasión aténdese a 85 participantes dos concellos de Ames e Brión, desempregados e menores de 30 anos. Transcorridos xa 9 meses dende o inicio do programa, estase planificando as actividades e cursos que se van a impartir durante os meses de setembro, outubro e novembro. Ata o 30 de novembro deste ano, data na finaliza este programa, continuarase traballando cos participantes no seu itinerario personalizado de emprego. Actualmente atópanse traballando 38 participantes, o que supón un 44,7% do total. Máis ao longo do programa xa tiveron algún contrato 46 participantes, é dicir, o 55% dos mesmos.

Dende o pasado 1 de decembro os Concellos de Ames e Brión están desenvolvendo a décima edición do programa integrado para o emprego InserAmes-Brión, que conta cunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 204.000 euros. O Concello fai unha achega de fondos propios de 40.369,90 euros o que se supón que se dedica un orzamento total 244.369,90 de euros. Deste proxecto beneficiaranse 85 participantes que contan co apoio de 2 titores/as. Esta iniciativa ten unha duración de 12 meses nos que se imparten diversas accións formativas, transversais e específicas, realízanse prácticas non laborais en empresas e que conta cun servizo de titorías individuais, ademais de outras actividades (prospección, intermediación laboral con empresas, etc).

O obxectivo principal do programa é a inserción laboral dos participantes ou, cando menos, mellorar a súa empregabilidade, a través da realización de diversos tipos de accións, adaptando o seu “itinerario” en función do seu perfil individual e as súas expectativas. O “InserAmes Brión X” partiu cun obxectivo de inserción do 40% sobre o total dos participantes. Actualmente atópanse traballando 38 participantes, o que supón un 44,7% do total. Máis ao longo do programa xa tiveron algún contrato 46 participantes, é dicir, o 55% dos mesmos.

A concelleira de Promoción económica, Isabel González, explica que “estas cifras, a falta de tres meses de actividades para rematar esta edición do InserAmes-Brión, reflicten o potencial deste programa como ferramenta para axudar a atopar traballo aos participantes no mesmo, cunha combinación de actividades que se amosan como efectivas no seu itinerario personalizado de inserción. O deseño individualizado do itinerario de cada alumno e o seguimento e adaptación permanente fan que se incrementen considerablemente as posibilidades de atopar emprego”.

Actividades impartidas
As actividades que se están levando a cabo son titorías individuais (asesoramento para a procura de emprego); formación transversal (inglés, comunicación e habilidades sociais, coaching para o emprego, etc); formación para o emprego (ferramentas e recursos para a busca de emprego como a elaboración do CV, portais de emprego, etc); entrevistas de traballo e procesos de selección; marca persoal e redes sociais para a procura de emprego...

Asemade, impartiuse formación homologada como cursos de manipulador de alimentos; de prevención de riscos laborais; de manexo de maquinaria (carretilla elevadora, retráctil, plataformas elevadoras, etc.); así como formación específica: itinerarios formativos de comercio/loxística; actividades de ocio xuvenil (monitor tempo libre, monitor comedor escolar); e servizos para as empresas (limpeza).

Por outra banda, os usuarios/as reciben formación on line. A través dunha plataforma de teleformación os participantes teñen a posibilidade de realizar cursos de moi diversa temática coa flexibilidade que ofrece esta modalidade formativa. Tamén participaron en prácticas non laborais (prácticas en empresas e centros de traballo como complemento dos cursos de formación específica); e sesións de autoemprego (asesoramento e formación para o autoemprego). Ademais, realizouse unha prospección de empresas, para detectar sectores e compañías con potenciais necesidades de contratación de perfiles profesionais incluídos entre os participantes do programa. Por último, desenvolvéronse sesións de intermediación laboral, entre as empresas e os participantes; e de mobilidade laboral: charlas informativas (Galeuropa, Rede Eures).

Os Concellos de Ames e Brión seguen apostando polos programas integrados de emprego, como fórmula para conseguir a inserción laboral de colectivos con especiais dificultades de inserción, debido aos bos resultados conseguidos nas edicións realizadas, e especialmente no colectivo de menores de 30 anos, tan castigado polo desemprego nos últimos anos.


Contido relacionado


Compostela 24 horas: "O programa integrado para o emprego InserAmes-Brión X acadou ata agosto un 55% de insercións"
La Voz de Galicia: "El plan laboral InserAmes-Brión logra un 55 % de inserciones"