Pestanas principais

O programa Enreguéifate ofrece un obradoiro dirixido a profesorado como primeira actividade da súa décima edición

Xoves, 15 de outubro de 2026

O Enreguéifate dá comezo ás actividades da súa décima edición cun obradoiro para docentes que queiran descubrir o valor da regueifa como ferramenta didáctica. A sesión terá lugar o venres 23 de outubro, de 16:30 a 20:30 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A formación require inscrición previa a través do formulario de inscrición. A Baña e Narón súmanse este ano aos Concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo para impulsar este proxecto de dinamización lingüística que pon en valor a regueifa, unha das expresións da poesía popular oral.

A través da improvisación oral, as persoas participantes explorarán estratexias para fomentar a expresión, a empatía e o traballo en equipo nas aulas, ao tempo que promoven valores como a diversidade, a cooperación, a integración e o feminismo.

O obradoiro estará conducido por Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, Manolo Maseda e Séchu Sende, que achegarán ao profesorado recursos para traballar a regueifa na aula. A sesión servirá tamén para dar a coñecer o proxecto Enreguéifate, que este curso celebra dez anos de traxectoria.

A formación require inscrición previa a través do formulario de inscrición. O prazo permanecerá aberto ata o martes, 20 de outubro e hai 45 prazas dispoñibles. No caso de recibirse máis solicitudes ca prazas ofertadas, terá preferencia o profesorado dos concellos participantes e dos niveis educativos aos que se dirixe o proxecto: 5º e 6º de educación primaria e educación secundaria obrigatoria (ESO).

Enreguéifate, construíndo patrimonio
Nas vindeiras semanas daranse a coñecer todos os detalles da décima edición do proxecto Enreguéifate, unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística de oito Concellos galegos para fomentar o uso do galego entre as crianzas e a mocidade. Aos Concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo, súmanse este ano A Baña e Narón como Concellos impulsores do proxecto.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Narón se suma a Enreguéifate, el proyecto colaborativo que lleva la regueifa a las aulas"

O programa Enreguéifate ofrece un obradoiro dirixido a profesorado como primeira actividade da súa décima edición

Multimedia

  • O programa Enreguéifate ofrece un obradoiro dirixido a profesorado como primeira actividade da súa décima edición
  • O programa Enreguéifate ofrece un obradoiro dirixido a profesorado como primeira actividade da súa décima edición