Venres, 24 de abril de 2015
[24-04-2015] O programa de televisión Aquí Galicia emitirase mañá sábado en directo, ás 16:30 horas, desde Bertamiráns. Un equipo da Televisión de Galicia ofrecerá, baixo a carpa instalada na praza do Concello de Ames, un espazo con actuacións musicais, concursos e gastronomía, conducido por Lucía Rodríguez, Rodrigo Vázquez e Bernardo Montaña.
O cantante e produtor dominicano Henry Méndez, creador de temas como Rayos de sol, Noche de estrellas o Tan Bonita, formará parte do cartel xunto a Tania Veiras e a Orquestra Principal.




