Pestanas principais

O programa Apego retoma as sesións de contos presenciais con “Un corazón a flor de pel”

Sábado, 12 de decembro de 2020

Caxoto contacontos ofrecerá unha sesión de contos o xoves 17 de decembro, a partir das 18.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Os nenos e nenas que teñan máis de catro anos e as súas familias poderán participar nesta actividade sobre intelixencia emocional. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 16 de decembro e as prazas son limitadas para cumprir coa normativa de seguridade vixente. As familias interesadas en participar deberán enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

O programa Apego do Concello de Ames continúa realizando as súas actividades durante este mes de decembro. A próxima sesión será “Un corazón a flor de pel”, a cargo de Caxoto Contacontos, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o xoves 17 de decembro.

Este espectáculo, dirixido a nenos e nenas maiores de catro anos, é unha viaxe pola intelixencia emocional con contos para aprender a escoitar o corazón, a xestionar as emocións e a pensar en positivo.

O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o mércores 16 de decembro. As persoas interesadas deben enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.galno que figuren os nomes e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un número de teléfono de contacto.

O programa Apego

O programa Apego está dirixido a todas as familias de Ames que estean a esperar un bebé ou que xa o teñan con idade inferior a 6 anos.

É un proxecto cooperativo de varios concellos para promover e apoiar o uso do galego na socialización da primeira infancia que apoia as familias con actividades, formación e recursos para facilitar e mellorar a crianza.

As familias interesadas poden sumarse ao programa poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Ames enviando o formulario cuberto a través da páxina apego.gal, escribindo a normalizacion@concellodeames.galou chamando ao teléfono 662 377 215.

un corazón a flor de pel

Multimedia

  • un corazón a flor de pel