[07-01-2013] A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), acaba de poñer en marcha unha escola de Break Dance, a primeira iniciativa que se inclúe no seu programa Cultura Urbana. Este obradoiro, destinado a mozos e mozas amienses de máis de 12 anos, impartirase os mércores de 16.30 a 18.30 horas no ximnasio do IES de Ames. As persoas interesadas en participar poden inscribirse nesta actividade ata o vindeiro 15 de xaneiro. A inscrición neste obradoiro de break dance xa se pode formalizar na Casa da Cultura do Milladoiro e na OMIX da Casa do Concello de Bertamiráns. Nestes lugares pódese solicitar o impreso de inscrición. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, tamén podes descargar o impreso de inscrición. Para obter máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) a través do correo electrónico omix@concellodeames.org ou do teléfono 616083229.




