Pestanas principais

O prazo de solicitude de praza nas Escolas Infantís Municipais permanecerá aberto entre o 1 e o 15 de abril

Martes, 29 de marzo de 2016

[29-03-2016] A concellaría de Educación e Cultura de Ames informa da apertura de prazo para a solicitude de prazas nas Escolas Infantís de titularidade municipal. O prazo permanecerá aberto entre os días 1 e 15 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Unha vez adxudicada a praza abrirase o prazo de formalización de matrícula entre os días 1 e 15 de xuño. Baixo o apartado de descargas pódese obter un PDF que inclúe a documentación necesaria para realizar a inscrición.

Pódese obter máis información premendo na seguinte ligazón: http://concellodeames.gal/info.php?informacion=74&idioma=gl&sec=62