[02-05-2016] O Concello de Ames, a través da concellaría de Educación e Cultura, acaba de abrir o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar Xuño Lúdico. Trátase dun servizo destinado a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria que se desenvolverá durante os días 23, 27, 28, 29 e 30 de xuño, de 7:30 a 16:00 horas, tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro.
Todas as persoas interesadas terán que pasar polo departamento de Educación, situado no Pazo da Peregrina en Bertamiráns, ou pola oficina municipal do Milladoiro, en horario de 09:00 a 14:00 horas. As follas de inscrición tamén se poden descargar na sección de AVISOS da web municipal.
A entrega da documentación farase no rexistro xeral do Concello, situado na Casa do Concello, no rexistro do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e na oficina municipal do Milladoiro, no mesmo horario que no caso anterior. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal




