Pestanas principais

O prazo de inscrición para o Xuño Lúdico 2018 permanecerá aberto ata o 4 de maio

Luns, 23 de abril de 2018

[23-04-2018] Dirixido a crianzas do segundo ciclo de Educación Infantil e de Primaria, o programa Xuño Lúdico desenvolverase ao longo dos días 22, 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño, en horario de 07:30h a 16:00 horas, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. O servizo, que oferta a Concellaría de Educación e Cultura, ofrecerá un abano de diferentes actividades educativas e culturais, pensadas para aquelas familias que precisen conciliar a súa vida familiar e laboral unha vez rematado o curso escolar. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 4 de maio. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases dos programas lúdicos e o impreso de inscrición.

Para inscribirse neste servizo, as familias deberán acreditar a súa necesidade de conciliación e estar ao día no pagamento dos servizos municipais ofertados. A entrega da documentación farase no rexistro municipal na Casa do Concello, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns ou nas oficinas municipais do Milladoiro, entre as 09:00h e as 14:00 horas. As inscricións tamén se poden entregar a través do rexistro telemático. Para obter máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezoeducacion@concellodeames.gal.