[02-05-2018] O programa de conciliación Escola de Verán desenvolverase ao longo dos meses de xullo e agosto, en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, en horario de 07:30h a 16:00 horas. Dirixido a nenas e nenos do segundo ciclo de Infantil e de Educación Primaria, o servizo busca facilitar a conciliación entre a vida laboral e familiar. O prazo de inscrición deste servizo, posto en marcha polo Concello de Ames a través da Concellaría de Educación e Cultura, remata o vindeiro 15 de maio. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición e as bases da Escola de Verán 2018.
As solicitudes de inscrición poden recollerse no departamento de Educación, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ou nas oficinas municipais do Milladoiro, en horario de 09:00h ás 14:00 horas. De igual maneira, estas tamén se poden obter desde a web municipal, nomeadamente desde o apartado de descargas desta nova.
As solicitudes deben entregarse, debidamente cubertas, nos rexistros xerais da Casa do Concello, do Pazo da Peregrina ou da oficina municipal do Milladoiro, no mesmo horario. As solicitudes tamén poden ser entregadas a través do rexistro telemático do Concello de Ames. O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 15 de maio. Para obter máis información sobre este servizo, pódese chamar ao número de teléfono 981 891 476 ou enviar un correo electrónico ao enderezo educacion@concellodeames.gal.




