Pestanas principais

O prazo de inscrición para a décimo terceira edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames xa está aberto e rematará o xoves 1 de novembro

Luns, 29 de outubro de 2012

[29-10-2012] O paseo fluvial de Bertamiráns será o escenario desta proba que se celebrará durante a mañá do vindeiro domingo 4 de novembro. Trátase dun evento xa máis que consolidado no termo municipal de Ames e que reúne cada ano a moitos atletas de toda a contorna e doutras localidades de Galicia. Para participar na proba absoluta (de xuvenil a veteranos) as inscricións poden realizarse na páxina web http://www.championchipnorte.com/index.php?op=det_evento&cod=826. Mentres que para participar na carreira escolar as inscricións deberán formalizarse na páxina web http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1088. Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de deportes do Concello de Ames chamando ao número de teléfono 981 884 991.

Debido o aprazamento da carreira pedestre popular de Ames 2012, prevista nun principio para o domingo 21 de outubro e aprazada debido as elección autonómicas fixadas para esa data, a carreira pasou o 4 de novembro como data prevista de celebración. A tempada atlética 2011-2012 remata o mércores 31 de outubro. Debido a iso, a partir do 1 de novembro hai que aplicar as novas categorías de competición. Estas categorías son xuvenil – júnior (anos 1994, 1995, 1996 e 1997); promesa – sénior (dende 1993 ata veteranos); veteranos A masculino (persoas nadas entre 1978 e 1968); veteranos B masculino (nados entre 1967 e 1958); veteranos C masculino (nados no 1957 e anteriores); veteranas D feminino (nados entre 1978 e 1963); veteranas E feminino (nados no 1962 e anteriores); pitufo (nenos/as nados no 2009 e anos posteriores); prebenxamín (2006-2007-2008); benxamín (2004-2005); alevín (2002-2003); infantil (2000-2001); e cadete (1998-1999).

Proceso de inscrición
Nesta proba poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. As inscricións poderanse facer ata as 22:00 horas do día 1 de novembro. Para participar na proba absoluta (de xuvenil a veteranos) as inscricións poden realizarse na páxina web http://www.championchipnorte.com/index.php?op=det_evento&cod=826. Mentres que para participar na carreira escolar as inscricións deberán formalizarse nas páxinas web http://www.fgatletismo.es/santiago/?p=1088 ou en www.atletismogalego.org enchendo o formulario de inscrición. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira. Ata este momento hai un total de 200 persoas inscritas (130 nenos/as e 70 adultos).

A inscrición para a carreira escolar é gratuíta. As persoas que desexen participar na proba absoluta (pertencentes ás categorías xuvenil-júnior, promesa-sénior, e veteranos A, B, C, D e E) terán que aboar unha pequena cota. Este ano como novidade os participantes levarán un microchip para saber que completan o percorrido de forma correcta. As persoas que dispoñan do chip amarelo championchip terán que aboar 3 euros, mentres que as persoas que non sexan propietarias do chip amarelo championchip terán que alugalo e pagar 4 euros. O pagamento da inscrición poderá realizarse pola pasarela da páxina web www.championchipnorte.com. Calquera dúbida que teñen no proceso de inscrición dos adultos poderán resolvela chamando ao número de teléfono 982 816 884 ou enviando un correo electrónico á dirección info@championchipnorte.com.

Os corredores tomarán a saída ás 11:00 horas da mañá dende o paseo fluvial de Bertamiráns. Para poder participar, as persoas inscritas deberán recoller o seu dorsal ata media hora antes de que comece a proba na que participan. Os dorsais estarán depositados na secretaría da organización situada no paseo fluvial de Bertamiráns. Os participantes deberán ademais colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo de cada proba.

Recibirán trofeos os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino. Os premios non serán acumulativos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira. Aos atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte. Cómpre salientar que todo corredor ou corredora que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona do peito, será automaticamente descualificado. Haberá servizo de duchas no pavillón polideportivo de Bertamiráns e ao final das probas realizarase un sorteo de varios agasallos.

Percorrido e distancia de cada proba 
O percorrido e a distancia da carreira varían segundo a categoría e a idade dos participantes. A traxectoria máis longa ten 7.900 metros e será a que sigan os corredores das categorías xuvenil-júnior, promesa-sénior e dos diferentes grupos de veteranos. Os participantes das categorías infantil e cadete terán que correr nun circuíto de 2.400 metros, os alevíns de 1.200 metros, os benxamíns e prebenxamíns seguirán unha ruta de 500 metros, e os nenos e nenas encadrados na categoría pitufos só terán que correr 250 metros.

O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo na Delegación de Santiago de Compostela. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "El jueves termina el plazo de inscripción para la XIII Carreira Popular Pedestre de Ames"