- Tematica
O curso escolar está a piques de dar comenzo. Esta circunstancia é de especial relevancia nun concello como o de Ames, que sempre presume de ser un dos municipio coa poboación máis nova de Galicia gracias sobre todo a abundancia de rapaces en idade escolar entre os seus veciños.
Nos últimos anos estase a traballar na instalación dunha cociña central que se encargue da elaboración de todos os menús que se sirvan nos distintos comedores de todos os centros educativos de Ames.
E ante a inminente apertura do curso o PP de Ames quere saber en que punto se atopa a instalación desa cociña central que debe abastecer á rede de comedores escolares do municipio para coñecer se estará operativa nesta próxima semana para dar servizo ós centos de alumnos de Ames e dese xeito favorecer as demandas da súas familias.
Esperamos que este sexa o curso da sua posta en marcha despois do atraso que leva a sua posta en funcionamento.
É importante saber que medidas se van a levar a cabo no caso de que esta cociña central non este operativa a tempo para o inicio do curso para que non se resinta o normal funcionamento dos comedores escolares.
O PP de Ames espera unha resposta urxente antes de que as aulas dos distintos centros educativos do municipio de Ames abran as súas portas.




